martes, 3 de maio de 2016

Avaliación de traballos

Documentación Audiovisual, 2015/2016

Valoración do traballo «asunto libre»:

Nome do equipo avaliado: Documafia
Criterios
Puntuación (1-5)
Observacións
Titulo e enunciados
2

Organización e estrutura
3.5

Presentación visual (tipografía, cores, imaxes, vídeos, infografías, sons, etcétera)
3.5
Pouco visual.
Contido (redacción, exposición, uso de citas, tipo de citas, achegas propias, conclusións, etcétera)
4
Demasiada información compacta.
Fontes pertinentes aos datos aportados
5

Fontes perfectamente redactadas (identificación do manual e adecuación ao manual)
5

Global
3.8

Nome membros equipo avaliador: Judit Fabeiro, María Vizcaya, Pedro Vilas, Yaiza Serantes.




Documentación Audiovisual, 2015/2016

Valoración do traballo «asunto libre»:

Nome do equipo avaliado: Dorayaki Studios
Criterios
Puntuación (1-5)
Observacións
Titulo e enunciados
5
Título orixinal e elaborado.
Organización e estrutura
3

Presentación visual (tipografía, cores, imaxes, vídeos, infografías, sons, etcétera)
4.75

Contido (redacción, exposición, uso de citas, tipo de citas, achegas propias, conclusións, etcétera)
3

Fontes pertinentes aos datos aportados
3.5
Podían ser máis.
Fontes perfectamente redactadas (identificación do manual e adecuación ao manual)
4.5
Tivemos un problema co Word.
Global
3.96

Nome membros equipo avaliador: Judit Fabeiro, María Vizcaya, Pedro Vilas, Yaiza Serantes.


 Documentación Audiovisual, 2015/2016

Valoración do traballo «asunto libre»:

Nome do equipo avaliado: Grazas pola aportación
Criterios
Puntuación (1-5)
Observacións
Titulo e enunciados
2.5

Organización e estrutura
4.25

Presentación visual (tipografía, cores, imaxes, vídeos, infografías, sons, etcétera)
4

Contido (redacción, exposición, uso de citas, tipo de citas, achegas propias, conclusións, etcétera)
4

Fontes pertinentes aos datos aportados
5

Fontes perfectamente redactadas (identificación do manual e adecuación ao manual)
5

Global
4.13

Nome membros equipo avaliador: Judit Fabeiro, María Vizcaya, Pedro Vilas, Yaiza Serantes.


 Documentación Audiovisual, 2015/2016

Valoración do traballo «asunto libre»:

Nome do equipo avaliado: E se nos documentamos?
Criterios
Puntuación (1-5)
Observacións
Titulo e enunciados
2.5
Podería ser máis orixinal
Organización e estrutura
4
Bastante ben
Presentación visual (tipografía, cores, imaxes, vídeos, infografías, sons, etcétera)
3

Contido (redacción, exposición, uso de citas, tipo de citas, achegas propias, conclusións, etcétera)
4.5

Fontes pertinentes aos datos aportados
5

Fontes perfectamente redactadas (identificación do manual e adecuación ao manual)
5

Global
4

Nome membros equipo avaliador: Judit Fabeiro, María Vizcaya, Pedro Vilas, Yaiza Serantes.




domingo, 1 de maio de 2016

Práctica libre: BURTONLAND


Pincha na foto para ver o noso traballo.


INFOGRAFÍA:



Temas a escoller:


- O cine de Tim Burton
- Películas orixinais de Disney
- O camiño de Dicaprio ata o Oscar
- Telebasura da parrilla española
- VMA's

Entre todos propuxemos estes temas, e ao final decantámonos por facer o noso traballo sobre Tim
Burton, xa que o seu traballo gústanos a todo o equipo e temos curiosidade sobre a historia que se 
atopa tras as súas creacións. Descartamos o tema das pelis Disney porque, aínda que nos parecía
interesante analizar o tratamento que se lle da ás mulleres nelas, atopamos xa varios traballos na rede sobre o asunto, igual que ocorreu co de Dicaprio. Xa que o tema dos VMA's non foi aprobado por todo o equipo, quedámonos finalmente co traballo de Tim Burton.


BIBLIOGRAFÍA SEGUNDO HARVARD


García, Y. 27 de outubro de 2013. 12 cosas que (probablemente) no sabías de 'Pesadilla antes de Navidad'. CINEMANIA. Disponible en: <http://www.cinemania.es/noticias/12-cosas-que-probablemente-no-sabias-de-pesadilla-antes-de-navidad/>

Moreno, C. Guía didáctica para el profesorado, Charlie y la fábrica de chocolate. [pdf] Disponible en: <http://www.aragon.es/estaticos/ImportFiles/09/docs/Ciudadano/CONTS/CONT.01_MaterialesCursosAnteriores/Autoestima/GPROFE+%E2%80%A2+CHARLIE+OK.PDF>

Múgica, F. Su vida. Disponible en: <http://www.timburton.es/su-vida> [Consultado 26 abril 2016]

Semana. 28 de novembro de 2009. El extraño mundo de Tim Burton. Semana. Disponible en: <http://www.semana.com/gente/articulo/el-extrano-mundo-tim-burton/110367-3>

*Algunhas aclaracións*
Tivemos que modificar a orde das entradas, xa que a axenda documental, non sabemos por que 
motivo, interpúxosenos entre a memoria e o traballo final desta tarefa. Tamén tivemos problemas coa
bibliografía, xa que o blogue non nos permite poñer a sangría francesa. Non incluimos na bibliografía
páxinas de coñecemento público das que obtivemos as fichas técnicas das películas (IMDB,
Filmaffinity, etc.).

AXENDA DOCUMENTAL:

1. Cinemanía:

É unha páxina web e ao mesmo tempo revista que conta cun amplo repertorio non só de cine, senón tamén de series, curtas e trailers. Múltiples posibilidades ofrece dita páxina en idioma castelán, sendo unha das máis demandadas a nivel nacional, distribuída pola editorial El País. Conta ademáis con páxinas en Facebook, Twitter, Google+, etc.
A revista é sacada á venta cada mes, mentres que a páxina web renóvase cada semana con novos avances e curiosidades sobre o mundo audiovisual. Conta con críticas de estudosos e apaixoados polo cine, e moitos usuarios inscríbense nela como medio para interconectarse e comentar a súa paixón polo mundo do audiovisual.


2. Cinepapaya:

É unha páxina web que facilita aos usuarios acceder a estreos e películas famosas, xunto con series. Tamén aparecen críticas, valoración (do 1 ao 5) e trailers. Non é unha páxina para ver películas, senón para consultar e documentarse sobre tales.
Tamén aporta información sobre festivais e horarios dos cines españois, e conta cun buscador que facilita a búsqueda da película concreta na que o usuario pode estar interesado.


3. Cada día un fotógrafo:

O blogue "Fotógrafos en la red" ou "Cada día un fotógrafo" (recibe os dous nomes) foi creado por Luis Martínez Aniesa, fotógrafo aficionado de San Sebastián, no que cada día comparte unha reseña sobre un fotógrafo determinado, incluíndo referencias adicionais que se poden consultar para ampliar información.
Trátase dun blogue moi útil para todos aqueles aficionados á fotografía, xa que aporta datos sobre as técnicas de cada fotógrafo, a súa obra, así como curiosidades que poden resultar moi interesantes.


4. El documentalista audiovisual:

Trátase dun blogue fundado en 2012 por dúas licenciadas en Historia e Documentación: Isabel Borruel e Patricia Wert. Especialízase no mundo da documentación no ámbito audiovisual, a social media e a xestión de arquivos audiovisuais. Aporta información moi contrastada e que pode ser de gran utilidade para adentrarse no mundo da documentación.


5. Sensacine:

Sensacine forma parte do grupo AlloCiné, un network internacional sobre cine e series que suma 25 millóns de usuarios ao mes en todo o mundo. A súa sede está ubicada en París, e a súa páxina amosa todas as novedades tanto de estrenos coma de críticas e opinión dos usuarios, ademáis de ofertar a opción de compra de entradas online.


6. Filmaffinity:

É unha das bases de datos máis importante e completa do cine en español en Internet, coñecida por ser referencia en consulta de valoracións, puntuacións medias e críticas dos usuarios. Pódese entender coma unha especie de rede social na que poder consultar e compara opinións con amigos sobre calquera película ou serie.


7. Ministerio de Educación, Cultura e Deporte:

O MECD conta cun apartado na súa páxina web adicado especialmente ao mundo audiovisual e, concretamente, ao cine, xestionado polo ICAA. Pódese consultar na páxina infomación moi contrastada sobre películas (espectadores, taquilla, productora, etc.) así coma consultar noticias de interese e de actualidad e informarse sobre as axudas do Ministerio adicadas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais.


8. Blog del fotógrafo:

Trátase dun blogue creado polo aficionado á fotografía Mario Pérez, no que os usuarios únense para compartir a súa paixón pola fotografía. No blogue tamén se poden encontrar consellos sobre cámaras de fotografía, accesorios e artículos para iniciarse no mundo da fotografía, polo que consideramos que pode ser moi útil para os que aínda non teñan un coñecemento profundo nese ámbito.


9. Cultura Inquieta:

Trátase dunha revista dixital de arte, que, malia aportar información de todas as áreas, está especializada no mundo da fotografía e o cine.  Conta cunha presencia global, tanto pola revista como polas redes sociais e tamén levan a cabo un festival no verán. O se obxectivo principal é acercar a arte e a cultura a todas as persoas que amosen interese no tema, e demostrar que a arte é unitaria, independentemente das idades, os sexos ou os gustos.


10. Vimeo:

É unha rede social que se creou en 2004, que permite compartir e almacenar videos dixitais na páxina, así coma comentalos. Así creouse unha comunidade na que todos aqueles interesados en compartir as súas creacións poden levalo a cabo.


11. Páxina web oficial dos Oscar:

Os Oscar contan cunha páxina web oficial na que podemos consultar as últimas novedades e información contrastada sobre a gala e os premios, así como videos, fotos e fragmentos da gala e da alfombra roja.


12. RTVE.es:

A RTVE conta cunha páxina web oficial tamén cun contido moi amplo, que permite ao usuario consultar as últimas noticias, así coma documentarse no arquivo e tamén acceder aos programas de radio. Tamén aporta unha opción "á carta" na que se poden ver os episodios das series emitidas e demáis programas a través de Internet, no momento e lugar que se quera.


13. A cámara lenta:

Blogue creado pola cinéfila Reyes Lorenzo, no que comparte información e as súas opinións e críticas sobre todo tipo de películas, así como elabora rankings persoais de películas segundo os anos.


14. 365 enfoques:

Trátase dun blogue creado por Javier Llanos no que comparte consellos e tutoriais sobre fotografía, ao tempo que ensina e aporta trucos sobre cómo contruir un blogue efectivo e chamativo na actualidade, así como a mellor forma de adentrarse nas redes sociais.


15. El séptimo arte:

É unha páxina web moi completa e actualizada na que se pode atopar información e noticias sobre os últimos estrenos, actores e atrices, críticas, e tamén conta cun foro no que compartir opinións e críticas entre os usuarios.



sábado, 9 de abril de 2016

ANÁLISE DOCUMENTAL DE FOTOGRAFÍAS.

 1.
FICHA
Aspecto formal:
⦁    Autor: Oliviero Toscani
⦁    Nacionalidade: Italia
⦁    Procedencia imaxe (libro, catálogo, documento dixital, etcétera): Campaña publicitaria de Benetton (valla publicitaria)
⦁    Xénero: Publicitario
⦁    Movemento, corrente estilística: Shock-Advertising
⦁    Data de creación: 1991
⦁    Título: Kissing-nun (tamén chamado “O bico entre o cura e a monxa”)
⦁    Dimensións: 613x407 píxeles
⦁    Cor ou branco e negro: Cor
⦁    Data de publicación: 1991
⦁    Lugar de realización: Estudo (Italia)
⦁    Orixinal ou copia: Orixinal
⦁    Asunto ou asuntos: Crítica relixiosa
⦁    Plano/escala da imaxe (primeiro plano, plano xeral, etcétera): Plano medio corto
⦁    Natural ou espontánea / pose ou preparación: Pose ou preparación.

Análise de contido:
⦁    Contexto:
A fotografía foi tomada por OlivieroToscani en 1991, co obxectivo de formar parte dunha campaña publicitaria da marca de roupa “UnitedColoursofBenetton”. A estratexia de marketing desta empresa baseouse durante moito tempo no Shock-Advertising ou Shock-Ad, é dicir, un tipo de fotografía que consiste en deliberadamente sobresaltar ou ofender ao público, xeralmente pola violación a normas sociais, relixiosas ou políticas, coa fin de chamar máis a atención e levar á xente a falar máis da marca.
Toscani tivo xa un recorrido dentro da estratexia publicitaria de Benetton dende 1982, cando comezou a levantar controversia coa súa obra, incluíndo esta imaxe.
⦁    Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera: Escena fotográfica
⦁    Resumo ou descrición do contido
O que se amosa na imaxe é unha escena controvertida, un bico entre un cura e unha monxa. O feito de estar vestidos respectivamente en cor negro e branco causa, ademais, un contraste visual que chama a atención do ollo que observa, aumentando así o efecto sobresaltador da imaxe.
Crese que a vestimenta do cura quítalle certa atención á monxa, que ao ir de branco representa a pureza e quedaría nun segundo plano, apelando á vulnerabilidade.
O contido relixioso da imaxe e o celibato foron temas polémicos dende a publicación da imaxe, chegando incluso a seren prohibida debido ás presións do Vaticano e da Igrexa Católica, que considerou a imaxe extremadamente ofensiva contra os seus criterios e crenzas. 
⦁    Descritores onomásticos: Benetton, UnitedColoursofBenetton, OlivieroToscani
⦁    Descritores xeográficos: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe: Ningún
⦁    Descritores temáticos: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa fotografía: Monxa, cura, celibato, controversia, publicidade, ShockAdvertising
⦁    Reflexión do equipo sobre a imaxe
Consideramos que, dende un punto de vista publicitario, a imaxe foi e é moi eficaz, en tanto que a controversia que levantou trala súa publicación expandiu a publicidade boca a boca sobre a empresa e, ao mesmo tempo, contribuíu a que a xente cuestionara o tema do celibato e lle concedera importancia como asunto social. Non obstante, tamén pensamos que é importante ter en conta o feito de que Benetton xa recibiu este tipo de resposta por parte do público previamente, xa que xa utilizara campañas baseadas no Shock Ad bastante tempo antes da publicación desta.
Tamén pensamos que hai que ter en conta que o obxectivo de Benetton con esta imaxe non era necesariamente ofender, senón causar un impacto nun público target que, tras observar esta fotografía, se sentiría en certo modo unido por un feito social recoñecido daqueles tempos. Aínda que isto non implica esquecerse de cal foi a finalidade principal da imaxe, unha finalidade publicitaria e económica que consistía en causar impacto.

Biografía do fotógrafo/a (datos persoais, académicos, profesionais, libros, exposicións, premios, estilos, xéneros, etcétera).
Oliviero Toscani é un fotógrafo italiano que naceu en Milán, en 1942. Entren 1961 e 1965 estudou deseño e fotografía na Universidade de Artes de Zurich, e posteriormente pasou a traballar nas campañas publicitarias de empresas como Chanel e Fiorucci, e colaborou con revistas de moda como Elle ou Vogue, entre outras. É mundialmente coñecido polo seu traballo publicitario para United Colours of Benetton, cuxa traxectoria iniciou en 1982, como figura detrás de toda a estratexia comunicativa e publicitaria da marca.
O seu traballo baséase na comunicación e tratamento de asuntos sociais controvertidos a través de anuncios e campañas, combinando a creatividade coa crítica social, política e relixiosa.
En 1990 crea a primeira revista global do mundo, “Colors”, coa axuda de Tibor Kalman, una revista de culto que posteriormente foi tomada como exemplo e seguida tanto por diferentes editoriais.
Máis tarde, en 1993, creou un centro destinado á investigación sobre arte e comunicación, denominado “Fabrica”, na que se produciron libros, programas de televisión e exhibicións a entidades de importancia, coma as Nacións Unidas, La Reppublica… así como filmes que chegaron a ser galardoados con tres premios nos festivais de Cannes, Venecia, etc.
Dende aquela Toscani ha traballado para diversos museos e exposicións de renome e foi o gañador no festival de Cannes de catro Leóns de Ouro. Tamén é autor de numerosos libros de comunicación e profesor en dúas universidades.
O estilo de Toscani, aínda que é basicamente publicitario,trátase dunha mestura entre a eficacia comunicativa e a crítica social, e moitos sosteñen que o máis curioso do seu traballo é o feito de que non presenta una imaxe clara daquelo que publicita, pero se entende, a diferenza de outras campañas nas que non queda claro que é o que se está a vender. Toscani afirma que é moi importante para el respectar os valores sociais da marca, así coma a súa intelixencia e resposta a situación controvertidas, e iso queda sempre plasmado no seu traballo. 

2.
FICHA
Aspecto formal:
⦁    Autor: Manuel Ferrol
⦁    Nacionalidade: España (Galicia)
⦁    Procedencia imaxe (libro, catálogo, documento dixital, etcétera): Reportaxe sobre a emigración galega.
⦁    Xénero: De reportaxe
⦁    Movemento, corrente estilística: Realismo
⦁    Data de creación: 27 de novembro de 1957
⦁    Título:"Padre e hijo llorando. Despedida de emigrantes"
⦁    Dimensións: 532x520 píxeles
⦁    Cor ou branco e negro: Branco e negro
⦁    Data de publicación: 1957
⦁    Lugar de realización: Porto da Coruña
⦁    Asunto ou asuntos: Emigración
⦁    Plano/escala da imaxe (primeiro plano, plano xeral, etcétera): Plano medio
⦁    Natural ou espontánea / pose ou preparación: Natural ou espontánea

Análise de contido:
⦁    Contexto:
A fotografía foi tomada como encargo por parte dun sacerdote da Comisión Católica de Emigración, que lle encargou, o 27 de novembro de 1957, unha reportaxe de rexistro de emigrantes que, a finais dos anos 50, marchaban cara as Américas en busca dun destino mellor. Enviárono á Estación Marítima do porto da Coruña para capturar coa súa cámara Rolleiflex o momento en que os emigrantes galegos embarcaban no transatlántico "Juan de Garay".  en que Manuel Ferrol estaba familiarizado coa situación, sendo galego, e puxo moito empeño en facer o a súa reportaxe o máis realista posible, transmitindo todos os sentimentos tanto dos que se van, coma dos que se quedan.
⦁    Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera: Escena
⦁    Resumo ou descrición do contido
Na paisaxe aparece representada unha escena de despedida na que un home, chamado Xan Calo, e o seu fillo Xurxo están a despedirse, no porto da Coruña, da nai e os irmáns maiores do primeiro, que marchan a emigrar cara ás Américas. Ambos aparecen chorando, cunha sensación de dor e tristeza que Ferrol foi capaz de plasmar perfectamente coa súa fotografía, que se ben ten numerosas carencias técnicas, ten algo, sexa a súa intuición ou o seu talento, que transmiten unha morea de sentimentos.
⦁    Descritores/palabras clave onomásticos: Manuel Ferrol, Xan Calo, Xurxo Calo, Juan de Garay
⦁    Descritores xeográficos palabras clave: Porto da Coruña, A Coruña, Galicia, América
⦁    Descritores temáticos palabras clave: Emigración, familia, tristeza, morriña, despedida, pai, fillo
-Reflexión do equipo sobre a imaxe:
Consideramos que se trata dunha imaxe chea de sentimentos, bonita e ao mesmo tempo extremadamente triste, pero, sen dúbida, fiel á realidade que moitos dos galegos viviron, tanto de primeira como de segunda man. Tamén pensamos que o feito de que non se trata dunha imaxe planificada nin preparada fai dela algo moi único e moi real, e isto é algo que se ve plasmado nela. As carencias técnicas que poida ter o autor vense absolutamente compensadas co sentimento de fiabilidade e realismo que transmite, especialmente para o tema a tratar, xa que non é algo alleo, senón que é unha realidade compartida por amigos e familiares que viviron ou observaron cos seus propios ollos o que Ferrol plasmou tan ben coa súa Rolleiflex.

 -Biografía do fotógrafo/a (datos persoais, académicos, profesionais, libros, exposicións, premios, estilos, xéneros, etcétera):
Manuel Ferrol naceu en Cabo Vilán en 1923, na Costa da Morte, Galicia, fillo do gardián do faro. O mesmo Ferrol afirma que vivían " dentro del mismo mar, convivíamos con la vida y la muerte". Durante a súa infancia foi vítima pasiva das terribles accións da Guerra Civil, e di que as súas vivencias máis tráxicas foron en Cabo Silleiro, cando aínda era un rapaz de 12 anos, onde se atopaban tirados os corpos sen vida de todos os paseados.
Posteriormente, con 25 anos, trasladouse a Coruña e ingresou na Escola Náutica, polo que se sentía coruñés de corazón. Juan Castuera o introduciu no mundo da fotografía, e nos anos 50 montou o seu primeiro taller en Betanzos, onde se dedicaba a facer retratos a domicilio. Despois volveuse a trasladar á Coruña, e fixou alí a súa residencia,  e uns anos despois tivo un encargo da Mariña de Guerra americana para facer unha reportaxe da súa estancia en Ferrol. Foi entón cando Manuel Ferrol recibiu un dos seus poucos galardóns en vida, o premio da Asociación de Artistas, que axudouno a consolidar a súa carreira como fotógrafo.
Tamén colaborou con diversas revistas e publicacións periódicas, pero o momento máis importante da súa carreira foi cando, o 27 de novembro de 1957, a Comisión Católica lle encargou unha reportaxe sobre a emigración, na que se encontra esta marabillosa imaxe. O mesmo Manuel Ferrol afirmou:  “Yo viajé en algunas ocasiones a bordo del trasatlántico Juan de Garay desde Coruña a Vigo, última escala antes de la travesía a América —le confesó Ferrol al periodista español Santiago Romero poco antes de su muerte— y en cuanto el muelle se perdía de vista, todos desaparecían y se hacía un silencio sepulcral. Parecía un barco fantasma. Pero podía ser peor. A muchos de estos pobres emigrantes, que salían por primera vez de su remota aldea, los timaban sin piedad: los tenían toda la noche dando vueltas por la ría de Vigo y los bajaban por la mañana en Cangas, diciéndoles que estaban en América”.
A fotografía que estamos a analizar foi a máis destacada da súa reportaxe, e pasou a converterse nun selo da emigración galega que aínda perdura a día de hoxe. Un dato curioso foi que, aínda que no momento de tomar a fotografía Ferrol non sabía quenes eran o pai e o fillo, os tres foron reunidos posteriormente nun programa da TVG, ao que os fotografados non responderon moi ben, xa que non estaban de acordo co feito de que Ferrol obtivese beneficio da súa imaxe. O certo era que Manuel Ferrol non gañara nunca diñeiro polas imaxes, pero os rumores existían.
En 1958 marchou a estudar fotografía no Hamburger Photo Schule e foi nomeado corresponsal da TVE en Galicia, e tamén montou un laboratorio fotográfico no mesmo iate Azor de Franco.
Ferrol morreu dun infarto no ano 2003, e quedou na memoria de todos coma un fotógrafo natural, sen artificios, simplemente con talento e intuición, e que se consideraba a si mesmo un reporteiro máis que un artista.

 3.

 FICHA
Aspecto formal:

⦁    Autor: Man Ray  (Emmanuel Rudzitsky)
⦁    Nacionalidade: Francia
⦁    Procedencia imaxe (libro, catálogo, documento dixital, etcétera): Museo Getty
⦁    Xénero: Vangardista
⦁    Movemento, corrente estilística: Surrealismo
⦁    Data de creación: 1924
⦁    Título: Le Violon d'Ingres
⦁    Dimensións: 344 x 450 píxeles // Papel xelatinado de prata, retocado con lápiz e tinta china, 31 x 24'7 cm.
⦁    Cor ou branco e negro: Branco e negro.
⦁    Data de publicación: 1924
⦁    Lugar de realización: París.
⦁    Orixinal ou copia: Orixinal.
⦁    Asunto ou asuntos:  Apreciación, transformación e cousificación da figura feminina
⦁    Plano/escala da imaxe (primeiro plano, plano xeral, etcétera): Plano medio longo.
⦁    Natural ou espontánea / pose ou preparación: Pose ou preparación.

Análise de contido:
⦁    Contexto: O creador, Ray,  pertence ao Dadá neoyorquino e, cando o Dadá se fractura, segue as súas andaduras polo Surrealismo. Na obra de Man Ray son recurrentes as mulleres fatais e os seus espidos. Grazas á inspiración da súa modelo e amante Kiki de Montparnasse, naceu esta fotografía, unha das súas obras máis emblemáticas, que reflexa nunha soa imaxe todo o que Ray é para a arte. A pose de Kiki de Montparnasse trasládanos ao pintor Ingres, moi admirado por Man Ray, pero á súa vez métenos por completo nun xogo cheo de dobres lecturas, convertindo o corpo da moza nun violonchelo grazas á posterior edición da fotografía.

http://www.artehistoria.com/v2/obras/2210.htm
 
⦁    Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera: Retrato individual.
⦁    Resumo ou descrición do contido: Atopámonos ante unha fotografía en branco e negro da modelo Kiki de Montparnasse portando tan só un turbante, moi influenciada polos espidos de ensono de Ingres. Man Ray pintou manualmente os buratos en forma de f sobre a impresión fotográfica, alterando a imaxe orixinal para transformar o voluptuoso corpo da muller nun instrumento musical de corda frotada. A parte posterior da xoven xira a cabeza para que se poida ver o perfil da cara. Ao final da espalda faise visible o comezo das nalgas pola caída dunha prenda que forma unha especie de anillo arredor dela. Os brazos están completamente botados cara adiante, de xeito que son invisibles. O fondo da fotografía é dunha cor negra uniforme, agás un trozo de madeira que pouco se distingue. Por último, unha luz que ilumina a parte traseira de xeito case uniforme, deixando só unha pequena marxe de sombra nun extremo do corpo.
⦁    Descritores onomásticos: Kiki de Montparnasse (Alice Prin), Man Ray (Emmanuel Rudzitsky)
⦁    Descritores xeográficos: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe: Non hai.
⦁    Descritores temáticos: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa fotografía: Muller, modelo, corpo, violín, turbante, prenda, pendiente, surrealismo, vangarda, dadaísmo...
-Reflexión do equipo sobre a imaxe:
    Gustounos moito esta imaxe, consideramos que posúe unha gran beleza. É moi innovadora para o seu tempo, pois edita a imaxe con tinta china, como se se tratase dun "Photoshop" primitivo. Trata con delicadeza e dalle unha visión moi artística, musical, ao corpo feminino.
   
-Biografía do fotógrafo/a (datos persoais, académicos, profesionais, libros, exposicións, premios, estilos, xéneros, etcétera):
    Emmanuel Rudzitsky é coñecido polo pseudónimo de Man Ray. Naceu en 1890 en Filadelfia (EE.UU). É de orixe xudía, seu pai era de Kiev (Ucrania) e a súa nai de Minsk (Bielorrusia).
    Na súa preadolescencia foi cantante e bailarín, o seu interese pola arte nace tras o seu traslado a Nova York, o que na súa xuventude lle permite traballar nunha axencia publicitaria e compaxinar os seus estudos na National Academy of Design, comezando tamén a frecuentar a galería de Alfred Stieglitz e acudir a tertulias.
    Adquire unha cámara fotográfica nun principio para reproducir as súas obras plásticas, pero a súa inquedanza fixo que hoxe teña o seu oco na historia da fotografía. Con Duchamp e Picabia creou o Dadá neoyorquino, realizando obras experimentais que coqueteaban con todo tipo de soportes para a creación de obra artística.  En 1920, con Dreier e Duchamp, funda a Société Anonyme, unha compañía que xestiona todo tipo de actividades de vangarda. Así é como tra-la súa instalación en París, ao ver que a súa obra non atopaba mercado, comezou a crear os "rayogramas".
    Os "rayogramas" son unha técnica de obtención de imaxes sen cámara fotográfica. Consiste en expoñer papel fotográfico á luz durante uns segundos. Enriba dese papel hai obxectos, e o que se reflexará na “fotografía” será a súa forma.
    Cando o surrealismo se separa do dadaísmo en 1924, Ray é un dos seus fundadores e está incluído na 1ª exposición surrealista na galería Pierre de París en 1925. Inspirado pola súa modelo e amante Alice Prin, coñecida como Kiki de Montparnasse, fai Le Violon d’Ingres (1924), fotografía que estamos a comentar e que é unha das máis famosas do autor.
    En 1940, escapando da ocupación nazi de París (1940-1944), instálase en Hollywood e en Nova York e gáñase a vida como mestre. Regresou a Francia en 1951 e en 1963 publicou a súa autobiografía. Faleceu en París en 1976 e os seus restos descansan no Cemiterio de Montparnasse.


4. 
FICHA Aspecto formal:⦁    Autor: Luis González Palma coa colaboración de Graciela de Oliveira
⦁    Nacionalidade: Guatemala
⦁    Procedencia imaxe (libro, catálogo, documento dixital, etcétera): Serie Jerarquías de la Intimidad.
⦁    Xénero: Simbólico, poético
⦁    Movemento, corrente estilística: Arte contemporánea
⦁    Data de creación: 2004-2007
⦁    Título: Jerarquías de intimidad (La anunciación)
⦁    Dimensións: 1050 x 1050 píxeles// A imaxe real é un Inkjetprint sobre papel de acuarela e mide 100 cm de diámetro.
⦁    Cor ou branco e negro: Cor
⦁    Data de publicación: 2007
⦁    Lugar de realización: Arxentina
⦁    Orixinal ou copia: Orixinal.
⦁    Asunto ou asuntos:  Reflexión sobre o desexo e a espera
⦁    Plano/escala da imaxe (primeiro plano, plano xeral, etcétera): Plano medio.
⦁    Natural ou espontánea / pose ou preparación: Pose ou preparación.

Análise de contido:
⦁    Contexto: Esta fotografía pertence a Jerarquías de la Intimidad (La anunciación),  que é un grupo de fotografías que se atopan nunha colección chamada Jerarquías de Intimidad (el encuentro, el duelo, la anunciación y la separación). Así pois, este proxecto é a continuación dun maior que se foi realizando dende o 2004, as imaxes que se presentan son parte dunha obra máis extensa que consiste na reinterpretación do mito da anunciación a partir de varias pinturas realizadas principalmente no Renacemento. O proxecto foi realizado por Luis González xunto coa súa parella, Graciela de Oliveira.  Básase nunha análise xestual e corporal dos principais protagonistas das pinturas. Estas fotografías foron creadas a partir de pequenas postas en escena e mostran, a través das personaxes, do espazo e dos obxectos que os rodean, experiencias psicolóxicas que se relacionan directamente co desexo e a ausencia (por tanto, coa decepción). Hai unha reflexión en torno á fraxilidade da memoria, ao inquedante do desexo, á pérdida como ferida emocional, á dor, á soidade... Cada foto expresa un instante de sono relacionado cun mundo íntimo, por momentos real, por momentos irreal, pero sempre incompleto. Cada imaxe, entre outras cosas, é unha reflexión en torno á idea de desexo e espera.
⦁    Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera: Retrato individual.
⦁    Resumo ou descrición do contido: Luis González Palma conta na súa páxina web que na colección Jerarquías de la Intimitad intentou «representar escenas cargadas de experiencias psicolóxicas significativas, “investíndoas”, (a través do nome da foto) de diálogos que son parte dun guión silencioso en películas aparentemente desconectadas. Un ensaio de imaxes cargadas de misterio e tensión que presentan un drama detido e inquedante, no que cada foto actúa como un instante de sono alongado, e no que figuras atemporais son como feridas da memoria [...] A posta en escena presenta o tempo do inconsciente coa súa libre asociación, os seus anhelos e os seus medos; os actos humanos foron entramados dentro dun mundo irreal e desfasado; a morte volve de novo a escenificarse dentro do brillo sagrado da lámina de ouro».
⦁    Descritores onomásticos: Luis González Palma, Graciela de Oliveira
⦁    Descritores xeográficos: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe: Non hai.
⦁    Descritores temáticos: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa fotografía: Muller, mans, relixión, intimidade, anunciación, reflexión...
-Reflexión do equipo sobre a imaxe:
    Parécenos unha imaxe inquedante que fai reflexionar sobre as pérdidas e a soidade. Na nosa opinión, a muller de imaxe semella intentar alcanzar coas súas mans a alguén que xa non está ao seu carón e a quen non quere perder. Ten  unha expresión de ensimismamento e resúltanos unha fotografía moi interesante que nos gustou descubrir e poder informarnos sobre ela.
-Biografía do fotógrafo/a (datos persoais, académicos, profesionais, libros, exposicións, premios, estilos, xéneros, etcétera):
    Luis González Palma naceu en Guatemala no ano 1957, onde estudiou arquitectura e cinematografía na Universidad de San Carlos. Vive e traballa en Córdoba, Arxentina.
    Podemos mecionar algunhas das súas exposicións persoais, como por exemplo: The Art Institute of Chicago (USA); The Lannan Foundation, Santa Fe, (USA); The Australian Centre for Photography, Australia; Palacio de Bellas Artes de México; The Royal Festival Hall en Londres; Palazzo Ducale di Genova, Italia; Museos MACRO e Castagnino de Rosario, Arxentina; e en festivales de fotografía como Photofest en Houston, Bratislava en Slovakia, Les Rencontres de Arles en Francia, PHotoEspaña en Madrid, Singapur, Bogotá; San Pablo e Caracas, entre outros.
    Ademais, participou en mostras colectivas como a 49 e 51 Bienal de Venecia, Fotobienal de Vigo, XXIII Bienal de Sao Paulo, Brasil, V Bienal da Habana; no Ludwig Forum for International Kunst en Aachen, Alemania; The Taipei Art Museum en Corea, Museo de Bellas Artes de Bos Aires, Arxentina; Fundación Daros en Zurich, Suiza; Palacio do Conde Duque en Madrid, España e a Fargfabriken en Estocolmo, Suecia.
    Os seus traballos inclúense en numerosas coleccións públicas e privadas, onde modemos destacar The Art Institute of Chicago, The Daros Fundation en Zurich, Suiza, La Maison European de la Photographie en Paris, The Houston Museum of fine Arts en USA, la Fundation pour l'Art Contermporain en París, Francia; la Fondazione Volume! en Roma, Italia; A Biblioteca Luis Angel Arango en Bogotá, Colombia; The Fogg Museum en Harvard University, e The Minneapolis Institute of Art, Minneapolis, USA; Kiyosato Museum of Photographic Arts, Japan.
    Recibiu o Gran Premio PhotoEspaña “Baume et Mercier” en 1999 e colaborou coa produción da Opera “The death and the maiden” na Opera de Malmö en Suecia no ano 2008. Conta con tres monografías publicadas do seu traballo,  entre as que podemos mencionar “Poems of sorrow” de Arena Ediciones, “El silencio de la mirada” en Ediciones Pelliti en Roma, e Luis González Palma, Ediciones “La Fábrica”, España.


5.
FICHA

Aspecto formal:
⦁    Autor: Robert Doisneau  
⦁    Nacionalidade: Francés
⦁    Procedencia imaxe: Reportaxe que publicou a revista 'Life': Xénero: Romántica.
⦁    Movemento, corrente estilística: Corrente humanista
⦁    Data de creación: 1950
⦁    Título: Le baiser de l’Hôtel de Ville
⦁    Dimensións: 18x24.6cm
⦁    Cor ou branco e negro: b/n
⦁    Data de publicación: 12 de Xuño de 1950
⦁    Lugar de realización: Unha rúa de París cercana ao Concello.
⦁    Asunto ou asuntos: Un bico na rúa de París.
⦁    Plano/escala da imaxe: Plano xeral.
⦁    Natural ou espontánea / pose ou preparación: Manténse como unha fotografía espontánea pero sofre moitas críticas por pensar que puido ser unha montaxe.

 Análise de contido:
⦁    Contexto: O París de despois da Segunda Guerra Mundial.
⦁    Retrato: É un retrato de parexa aínda que se pode ver de fondo o resto dos viandantes camiñar.
⦁    Resumo ou descrición do contido: Estamos ante unha fotografía que mostra de maneira ''espontánea'' un bico captado en plena rúa de París.
⦁    Descritores/palabras clave onomásticos: Robert Doisneau
⦁    Descritores xeográficos palabras clave: O Concello de París.
⦁    Descritores temáticos palabras clave: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa fotografía: Pareja, beso, París, paseo.
-Reflexión do equipo sobre a imaxe:
É unha imaxe bonita que nos transporta ao París daquela época; as súas rúas, a súa xente... o ambiente en xeral. Pero a pesar disto, contráenos dúbida xa que no sabemos fielmente se estamos ante una fotografía real e espontánea ou xunto unha montaxe. De todas maneiras,  é preferible pensar que foi real para, así, transportarnos a ese marabilloso París.
- Biografía do fotógrafo/a (datos persoais, académicos, profesionais, libros, exposicións, premios, estilos, xéneros, etcétera).
Robert Doisneau nace en Gentilly (Francia) el 14 de abril de 1912 e morre en París o 1 de abril de 1994. Traballa como fotógrafo e conta co premio Niépce, o premio Kódak e o Gran Premio Nacional de Fotografía de Francia. Recibiu a formación de grabador litográfico e tipógrafo en París. Comezou como fotógrafo en Renault aínda que  foi despedido. Máis tarde, en 1932 'L'Excelsior' publicou a súa primeira fotografía. En 1950 arevista 'Life'  encargoulle unha reportaxe sobre os namorados en París. De aí sale a súa obra 'Besos' e con ela, esta fotografía. Ademais de todo isto, foi director da película 'Les Visitans du Square'.






6.

FICHA
Aspecto formal:
⦁    Autor: Cristina García Rodero
⦁    Nacionalidad: Española
⦁    Procedencia imaxe: Libro 'España oculta'
⦁    Xénero: Social, reivindicativa.
⦁    Movemento, corrente estilística: Social.
⦁    Data de creación: 1989
⦁    Título: Non ten título propio, atópase dentro da colección 'España oculta'
⦁    Dimensións: 940x625
⦁    Cor ou branco e negro: b/n
⦁    Data de publicación: 1989
⦁    Lugar de realización: España.
⦁    Asunto ou asuntos: Mulleres con velo representando a España do momento.
⦁    Plano/escala da imaxe: Plano xeral.
⦁    Natural ou espontánea / pose ou preparación: Espontánea.
Análise de contido:
⦁    Contexto: España entre os anos 1975 e 1988.
⦁    Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera: Retrato de grupo.
⦁    Resumo ou descrición do contido: Mulleres con velo que mostran as tradicións e formas de vida da sociedade española nesa época.
⦁    Descritores/palabras clave onomásticos: Cristina García Rodero.
⦁    Descritores xeográficos palabras clave:  Non hai.
⦁    Descritores temáticos palabras clave: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa fotografía: España oculta, velo, mulleres, fotografía, libro.
-Reflexión do equipo sobre a imaxe
Esta imaxe mostra a España que se foi perdendo, as tradicións, as costumes, a forma de ser da xente. Mostra, doutra maneira, na nosa opinión, unha España escura. Unha España que non iba ben socialmente e que, afortunadamente, virou.
Por outra parte, pode facernos pensar tamén na opresión ou inferioridade á que estaban sometidas as mulleres da época ou tamén pode suxerirnos a morte. A morte dos homes e a eterna pena desas mulleres.
-Biografía do fotógrafo/a (datos persoais, académicos, profesionais, libros, exposicións, premios, estilos, xéneros, etcétera)
Cristina García Rodero nace en Puertollano (Ciudad Real) no 1949. É unha fotógrafa española. Foi licenciada en Bellas Artes na Universidade Complutense de Madrid. Comezou na vida laboral dando clases de debuxo.
Compatibilizou a súa labor docente ca creación fotográfica e ca colaboración en varias publicacións españolas e extranxeiras. Foi a primeira española que logrou entrar a traballar na axencia fotoperiodística  Magnum.
Obtivo como fotógrafa o Premio Nacional de Fotografía, La Medalla de oro al mérito de las Bellas Artes e o Premio FotoPres.







7.
FICHA

Aspecto formal:

  • Autor – Robert Mapplethorpe
  •  Nacionalidade – Estadounidense
  •  Procedencia imaxe (libro, catálogo, documento dixital,  etcétera) - Print
  •  Xénero – Fotografía personal
  • Movemento, corrente estilística
  •  Data  de creación – 1986
  • Título – Andy Warhol
  • Dimensións – 570 x 475 mm
  • Cor ou branco e negro -  B/N
  • Data  de publicación - 1990
  • Lugar de realización - EEUU
  • Asunto ou  asuntos – O asunto está  en liña recta coa cabeza lixeiramente inclinada  deica  a  dereita mentres  olla   directamente cara  a  cámara  cunha expresión baleira.
  • Plano/escala da  imaxe (primeiro plano, plano xeral,  etcétera) –  Plano medio do artista Andy Warhol.
  • Natural  ou espontánea / pose ou preparación – Pose.
Análise de contido:
  •  Contexto – A Mapplethorpe gustáballe experimentar coa luz e a cor, neste caso o  fondo   é negro e a roupa do  individuo retratado  mestúrase  co  mesmo.  A iluminación desta  imaxe salienta  a  calidade brillante  da   chaqueta  de   coiro ademais da perruca prateada e pel pálida do protagonista do artista.
  • Retrato  (individual  ou   grupo), escena,   paisaxe,  etcétera  –  Retrato individual no  que  o individuo está  situado no  centro da  imaxe  contra un fondo  totalmente negro e liso.
  •  Resumo  ou   descrición  do  contido  –  Estamos ante  un   retrato  no   que unicamente  visualizamos un  individuo  con   unha  expresión vacua o  cal  mira directamente á cámara.
  •  Descritores/palabras clave onomásticos – Robert Mapplethorpe / Andy Wharhol.
  • Descritores xeográficos palabras clave: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe  – New York
  • Descritores  temáticos  palabras clave:  obxectos,  acción,  actividades, situación ou  conceptos relacionados coa  fotografía – “V”: debido a que o individuo ten as mans colocadas con  esta forma. “Portraits” – Debido a que esta colección se compón de diferentes retratos.
-Reflexión do equipo sobre a imaxe: A imaxe parécenos moi interesante a nivel de composición, xa que coida moi ben, tanto nesta como noutras fotografías da súa colección, o equilibrio visual e a xeración dunha sensación gozosa para o ollo do espectador, a pesaren de ser imaxes bastante sinxelas, sen moito artificio ou accesorio. Tamén consideramos que o máis bonito ou impactante desta imaxe en concreto é o tratamento das luces e as sombras, e a sensación que transmiten de tridimensionalidade, coma se a imaxe fóra real.

-Biografía  do  fotógrafo/a  (datos  persoais,  académicos,  profesionais, libros, exposicións, premios, estilos, xéneros, etcétera).
Nado  o 4 de  novembro de  1946  en Nova  York, Estudou pintura, debuxo e escultura, e máis adiante  comezou a se dedicar á fotografía. Fíxose famoso polos seus retratos de personaxes da  vida  social. No 1976  realizou a súa primeira exposición individual (a cal trataba dos corpos desnudos.
Faleceu en Boston o 9 de marzo de 1989.




 
8.
FICHA

Aspecto formal:

  • Autor – José  Suarez 
  •  Nacionalidade – Galego 
  • Procedencia imaxe (libro, catálogo, documento dixital,  etcétera) - Serie de imaxes (Beiramar)
  • Xénero – Humanista e costumista o Movemento, corrente estilística - o Data  de creación – verán de 1936 o Título – Serie Beiramar 
  • Dimensións – 346 x 480 megapíxeles
  • Cor ou branco e negro -  Branco e negro
  •  Data  de publicación - 1936 
  • Lugar de realización – Galiza, Rías Baixas 
  •  Asunto ou asuntos – Exaltar o traballo dxs Mariñeirxs. 
  • Plano/escala da imaxe (primeiro plano, plano xeral,  etcétera) – Contrapicado
  • Natural   ou  espontánea  / pose ou  preparación  –  Pose,  nunca facía roubados
Análise de contido:
  • Contexto – Mariñeiro que parece que vai saír  a faenar. 
  • Retrato (individual ou  grupo), escena,  paisaxe, etcétera – Retrato dun
    Mariñeiro 
  • Resumo ou  descrición do contido – O autor tenta captar o movemento. A igualdade entre os sexos nos  que  van a faenar. 
  • Descritores/palabras clave onomásticos – Mariñeiros, Suárez, barca 
  • Descritores xeográficos palabras clave: lugares ou ámbito xeográfico da
    imaxe  – Rías Baixas, Vigo, Bueu,  Cangas 
  • Descritores  temáticos  palabras clave:  obxectos,  acción,  actividades, situación ou conceptos relacionados coa  fotografía – Guerra Civil 
-Reflexión do equipo sobre a imaxe: Consideramos que a imaxe, sobre todo no seu contexto, acompañada polas demáis fotografías da serie Beiramar, plasma moi ben a realidade de todos aqueles galegos que dedican a súa vida ao mar. O ángulo desde o que está tomada a fotografía e a escala de brancos e negros aumenta a expresividade da imaxe, e reflexa moi ben, como o resto de fotografías da serie, o seu intento de plasmar a situación e o estrato social, así coma a dura situación á que se enfrentan os mariñeiros e mariñeiras.-Biografía  do  fotógrafo/a  (datos  persoais,  académicos,  profesionais, libros, exposicións, premios, estilos, xéneros, etcétera).
José  Suarez, nado  en  Allariz  en  1902,   é  unha das  figuras máis interesantes  da fotografía galego. Rebelouse como  un  artista consciente da  súa autoría nunha época na  que  predominaban  os  fotógrafos  por   encargo  e  unha  visión   costumista  da sociedade galega.
Faleceu en A Guarda en 1974.


9.
FICHA

Aspecto formal:
  • Autor: Bárbara Allende Gil de Biedma (coñecida polo seu pseudónimo Ouka Leele)
  •  Nacionalidade: Española
  • Procedencia imaxe: Catálogo de fotografía Peluquería
  • Xénero: pop-art y neodadaísta
  • Movemento, corrente estilística: Movida madrileña anos 80
  • Data de creación: Entre 1978.
  • Título: Peluquería
  • Dimensións: 600x443cm
  • Cor ou branco e negro: Branco e negro nun principio e coloreada pola autora posteriormente
  • Data de publicación: Entre 1979
  • Lugar de realización: Estudo  
  • Orixinal ou copia: Orixinal
  • Asunto ou asuntos: Dita fotografía xunto coas demáis pertencentes ao catálogo, mostran a vida dos españois, libres nos seus movementos e pensamentos, renegando dunha vida ritmada polas normas ditadas polo réxime franquista. 
  • Plano/escala da imaxe: Primeiro plano
  •  Natural ou espontánea / pose ou preparación: Pose ou preparación
Análise de contido:
  • Contexto: A fotografía desenvolvese durante a movida madrileña dos anos 80, tras a caída da ditadura franquista e durante os primeiros anos da transición democrática. A movida madrileña foi un movemento contracultural que se prolongou ata mediados dos anos 80, consistindo no cambio e liberalización cultural e ideolóxica, na cal participarían a gran maioría da sociedade xuvenil española.
  • Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera: Retrato individual dun home
  • Resumo ou descrición do contido: A fotografía mostra o retrato dun home nun parque con xeringullas pegadas á cabeza. O que quere mostrarnos a autora con esta fotografía é que cada un é libre en pensamento e personalidade e que a vida consiste nun anticonformismo e o incumprimento das normas.
  •   Descritores onomásticos: Ouka Leele.
  • Descritores xeográficos: lugares ou ámbito xeográfico da imaxe: parque, Madrid
  • Descritores temáticos: obxectos, acción, actividades, situación ou conceptos relacionados coa fotografía: Home/agullas/parque/Madrid/Ouka Leele/pop-art/neodadaísmo/movida madrileña/coloreado. 
-Reflexión do equipo sobre a imaxe: A imaxe parécenos moi inusual pero a vez moi estética e atrevida visualmente, pois a mesma foto pódese contextualizar na actualidade, dignificando a liberdade de expresión e a locura emocional.
-Biografía da fotógrafa:
Barbara Allende Gil de Biedma, coñecida polo pseduónimo de Ouka Leele é unha pintora e fotógrafa española nada en Madrid no 1957, durante o periodo da ditadura franquista. Comprende todo tipo de artes, sendo unha artista polifacética: pintura, cine, fotografía, poesía..
Encanto o xurdimento do nome da artista, Ouka Leele, aparece nunha obra do pintor “El Hortelano” que representa un mapa de estrelas, inventado completamente por él, no cal aparece unha estrela chamada Ouka Leele. Bárbara, fascinada por este nome, decidiu firmar as súas obras así.
Ouka Leele menciona nunha cita  «Facer unha fotografía é unha festa; pintarla é un traballo de monxe cisterciense»
Pasou a súa infancia entre Madrid e San Rafael. A primeira vocación foi a pintura, estudando polo tanto Belas Artes. Abandonou pronto a carreira e decidiu avanzar na búsqueda da arte de forma autodidacta. Ao mesmo tempo, ingresou no Photocentro de Madrid, un excelente espazo de aprendizaxe fotográfico. Con só 18 anos, algunhas das súas fotografías son publicadas nun libro chamado Principio.
As fotos eran habitualmente en branco e negro posto que odiaba as cores. No 1978, a revista Star encárgalle unha fotografía en cor para a portada. Entonces, decidiu inventar por ela mesma a cor da imaxe coloreando a foto con acuarelas de cores vivos. Foi así que empezou a colorear as instantáneas, aunando a pintura coa fotografía.
Traballou con Javier Mariscal, Ceesepe, Alberto García-Alix ou Pedro Almodóvar, residindo en cidades tales como Barcelona, Madrid ou Nova York. Ouka leele presentase como unha das figuras principais da Movida Madrileña. Foi unha participante moi activa do movemento nos anos 80.
O selo creativo da artista non pasa desapercibido. A súa obra foi reproducida en multitude de revistas, celebrando exposicións a nivel nacional e internacional, expoñendo en algúns dos museos españois máis significativos. O Museo Nacional do Prado en Madrid, non só foi un dos espazos que acolleron a súa obra, senón que, tamén,  serviu a artista como escenario dunha das series máis famosas, nas que retrata a modelos espidas fronte a xoias pictóricas de artistas de renome como Velázquez ou Rubens.


10.

 FICHA
Aspecto formal:
  • Autor: Eugenio Recuenco
  • Nacionalidade: Española
  • Procedencia imaxe (libro, catálogo, documento dixital, etcétera): Catálogo de moda GQ Man In Progress
  • Xénero: Fotografía dixital de moda
  • Movemento, corrente estilística: Surrealismo
  • Data de creación: No especifica
  • Título: Pura provocación
  • Dimensións: 1200x954 
  • Cor ou branco e negro: Cor
  • Data de publicación: 29 de Setembro do 2014  
  • Lugar de realización: Garaxe
  • Asunto ou asuntos: Dúas mulleres míranse entre sí nun garaxe, unha delas está espida e leva unha máscara de cabalo na cabeza mentres que a outra de idade máis avanzada sentada nun sofá, mostra un aire de respeto e autoridade.
  • Plano/escala da imaxe (primeiro plano, plano xeral, etcétera: Plano xeral
  • Natural ou espontánea / pose ou preparación: Pose ou preparación
Análise de contido
  •  Contexto: Podemos ver a dúas mulleres nun garaxe, patrocinando unha revista de moda de home QG Men In Progress, onde o surrealismo e o universo onírico cobran vida.
  •  Retrato (individual ou grupo), escena, paisaxe, etcétera: Escena grupal
  • Resumo ou descrición do contido: Esta fotografía segue o estilo do autor, Eugenio Recuenco, tratándose dun escenario surrealista, que evoca unha sensación de tensión, de frialdade e incluso suxire poder procedente dunha autoridade e a elegancia coa que o expresa, pero ao mesmo tempo mostrásenos unha imaxe absurda e surrealista. Coexisten dúas figuras observables na imaxe, dúas mulleres, unha de pé con cabeza de cabalo e outra de idade avanzada sentada mirando cara a outra figura, mostrando dunha forma elegante o seu poder. Pódese dicir que esta diagonalidade proporciona a imaxe unha forma triangular. 
  • Descritores/palabras clave onomásticos: Eugenio Recuenco, GQ Man In Progress
  • Descritores xeográficos palabras clave: Garaxe, España
  • Descritores temáticos palabras clave: mulleres, tacóns, vestido, elegancia, espida, sofá, garaxe, máscara de cabalo, columnas, xoias, elegancia, tensión, autoridade, Eugenio Recuenco, braga.
-Reflexión do equipo sobre a imaxe: Dita imaxe parécenos moi absurda, e dicir, dita situación e inverosímil e pouco estética, xa que vendo as outras fotos do artista, este profundiza máis na elaboración da súas obras,  sobre todo no anuncio publicitario do perfume Nina Ricci.
-Biografía do fotógrafo:
Eugenio Recuenco (1968 en Madrid) é un fotógrafo e realizador especializado na fotografía de moda e na publicidade.
Recuenco sempre se caracterizou pola gran creatividade que se acercaba ao mundo onírico e a  ficción cinematográfica, aderezado con unas gotas de surrealismo.
A súa obra sobresae do tipo de fotografía convencional e comercial, torgándolle as súas imaxes, dotes puros e singulares de creatividade. Adentrouse no mundo da imaxe en movemento, realizando excelentes traballos.
Comezou estudando Belas Artes en Madrid, tamén foi taxista e impartía clases de debuxo antes de saltar á fama como fotógrafo de moda.
Traballou en publicidade para as mellores marcas nacionais e internacionais, realizando fotografías e spots publicitarios que destacan por su orixinalidade e o mimo co que trata a estética e os detalles, como no caso do anuncio de perfume Nina.
Recibiu múltiples premios e recoñecementos, entre eles:
V Premio ABC de fotografía pola obra “Concepción, Parto, Juego y Educación”
León de Oro por unha foto súa para Playstation en Cannes
1º Premio na Primeira Edición da Semana Internacional de Cine na Cidade de México co corto “Esencia dunha sedución”
Oro en Gráfica e Bronce en campaña exterior no Sol Festival por Playstation
Para os seus traballos faise acompañar sempre por un equipo fotográfico, ao que denomina “el “ollo de Frosker”.
Tivo unha confrontación co grupo alemá Rammstein, que lle encargaron a realización dun videoclip, para posteriormente utilizar esas imáxenes sen contar coa autorización nin a súa autoría. A oferta do grupo para que Recuenco colgase o seu videoclip na súa web durante un ano, este respondeulles “os lo meteis por el puto culo”.
_____________________________________



A autora que faltaría na selección, segundo a nosa opinión e coñecemento é Dara Scully, xa que é unha fotógrafa española que transmite moitísimo a través das súas obras.
http://hipertextual.com/archivo/2012/12/fotografos-desconocidos-dara-scully/

Conclusión do grupo sobre o traballo realizado:
Pareceunos unha tarefa moi interesante, xa que nos fixo ser conscientes de que detrás de cada fotografía hai moito traballo de documentación e ademais deunos a coñecer obras magníficas de grandes artistas que puidemos descubrir bastante a fondo.


BIBLIOGRAFÍA APA (non somos capaces de poñerlle sangría francesa no blogue)

Adfphoto. (05 de xullo de 2009). Jerarquías de Intimidad (La Anunciación). Luis González Palma [Blog entrada]. Recuperado del sitio ADFPHOTO:
http://www.adfphoto.com/?Jerarquias-de-Intimidad-La

André Gunthert. (19 de decembro de 2007). Speaking of pictures. Le baiser de l'hôtel de ville     [Blog entrada]. Recuperado del sitio Actualité de la Recherche en Histoire Visuelle:
    http://www.arhv.lhivic.org/index.php/

Basterda. (02 de febreiro de 2011). Fotografías influyentes: El violín de Ingres, 1924 por Man Ray. Lomography. Recuperado de http://www.lomography.es/magazine/80621-fotografias-influyentes-el-violin-de-ingres-1924-por-man-ray

Bañista de Valpinçon. Recuperado del sitio de ArteHistoria:
    http://www.artehistoria.com/

Belinchón, Gregorio. (2014, 17 de novembro). Cristina García Rodero se confiesa.     Elpaís.com. Recuperado de     http://cultura.elpais.com/cultura/2014/11/17/actualidad/1416257254_999771.html

Bio. Recuperado del sitio de Oliviero Toscani:
    http://www.olivierotoscanistudio.com/

Biografía. Recuperado del sitio de Luís González Palma:
    http://www.gonzalezpalma.com/index.html

Daniela María Pérez A. (10 de marzo de 2011). Luis Gonzalez Palma [Blog entrada].     Recuperado del sitio Fotografía Documental:
    http://danielayelarte.blogspot.com.es/2011/03/luis-gonzales-palma.html

Europa Press. (2015, 25 de outubro). La mayor exposición sobre el referente de la fotografía     gallega José Suárez llegará al Gaiás el 13 de noviembre. Eldía.es. Recuperado de     http://eldia.es/agencias/8371110-GALICIA-mayor-exposicion-referente-fotografia-gallega-Jose-Suarez-llegara-Gaias-noviembre

Fotografíaperfecta. (02 de novembro de 2009). Fotógrafos: Man Ray [Blog entrada].     Recuperado del sitio Fotografía Perfecta:
    https://fotografiaperfecta.wordpress.com/2009/11/02/fotografos-man-ray/

Gemalamirada. (03 de abril de 2015). Man Ray, el surrealista que convirtió la fotografía en     arte [Blog entrada]. Recuperado del sitio Xataka Foto:
    http://www.xatakafoto.com/fotografos/man-ray-el-surrealista-que-convirtio-la-fotografia-en-arte

Guggenheim Museum. Robert Mapplethorpe. Andy Warhol. Recuperado de     http://www.guggenheim.org/new-york/collections/collection-online/artwork/5355

Hoyesarte.com. (09 de marzo de 2013). José Suárez, genio traspapelado. Hoyesarte.com.     Recuperado de http://www.hoyesarte.com/evento/2015/11/jose-suarez-el-genio-traspapelado-de-la-fotografia-espanola/


J. (2011, 12 de setembro). Peluquería // Haidresser (by Ouka Lele) [Blog entrada].     Recuperado del sitio ... y mientras tanto:
    https://juan314.wordpress.com/

Jerarquias de intimidad/ La Anunciación. (2013). Recuperado del sitio de Foto Club     Uruguayo:
    http://www.fotoclub.org.uy/

L'enigme de Man Ray. (07 de xaneiro de 2013). Los rayogramas de Man Ray. Recuperado     del sitio L'enigme de Man Ray:
    https://enigmedemanray.wordpress.com/2013/01/07/los-rayogramas-de-man-ray/


Le Violon d'Ingres. Recuperado del sitio de Images Analyses:
    http://imagesanalyses.univ-paris1.fr/index.php

Luís González Palma (Fotógrafo). (n.d.). Jerarquías de la intimidad: La Anunciación     [Fotografía]. Recuperado de http://www.gonzalezpalma.com/obra.php

Manuel Ferrol. Recuperado del sitio de Manuel Ferrol:
    http://www.manuelferrol.com/

Miguel García García. (11 de marzo de 2016). José Suárez: A filmación dun bueu doente     [Blog entrada]. Recuperado del sitio Aernobriga:
    http://aernobriga.esy.es/ii-republica/jose-suarez/


Oliviero Toscani. Recuperado del sitio de Famous Photographers:
    http://www.famousphotographers.net/

Ouka Leele. En Biografías y vidas. Recuperado de:   
    http://www.biografiasyvidas.com/biografia/o/ouka_lele.htm

Pastoriza, Francisco R. (2014, 14 de febreiro). Leyendas de la fotografía gallega.     Farodevigo.es.    Recuperado de
        http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/02/11/leyendas-fotografia-gallega/965292.html

Robert Mapplethorpe. (1999). Recuperado del sitio de BuscaBiografías:
    http://www.buscabiografias.com/

Robert Mapplethorpe Foundation. Portfolio. Recuperado de     http://www.mapplethorpe.org/portfolios/

Rubén Reiriz Polo. (02 de decembro de 2015). La melancolía de José Suárez [Blog entrada].     Recuperado del sitio Horchataenvena:
    http://horchataenlasvenas.blogspot.com.es/

Tate Museum. Andy Warhol. Recuperado del sitio de Tate Museum:
    http://www.tate.org.uk/


The Hunger Games Mockingjay Pin